Comparativa de precios
-
Imosver
Mejor opción
12,35 € Envío 2,98 €Total 15,33 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
(à) O guerrilleiro de Celanova, o heroe do Santa María, condenado polos tribunais de Salazar a 30 anos de cárcere. O exiliado dispoñible para as máis temerarias aventuras, o creador de mitos, o nacionalista galego sectario e apaixonado, case tiña vergoña do que era a súa vocación máis fonda: a de todo o universal. Acaso por iso, aínda que afastado no plano das ideas, sentinme moi preto do corazón do amigo querido, morto onde non quería: No exilio. Non o incluiría entre os homes que se coñecen ben. E, sen embargo, Pepe Velo retratouse a si mesmo -como ninguén o podía facer- nestas verbas nas que semella negarse: "Se o meu pai nacera un chisco denantes e eu no seu debido tempo, ben puidera ter acontecido que fora voluntario nas brigadas internacionais da batalla de Carabobo". Quería tan entrañablemente a América como a Galicia. Malia que non o confesaba, porque amaba á humanidade e por ela viviu con paixón e soubo morrer con esperanza (à) Miguel Urbano Rodrigues. (Requiem por un revolucionario)