Portada de A visión do amor no cancioneiro de Don Denis

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis

ISBN 9788484873006

Desde 18,91 € Compara las 2 tiendas ↓

Por Leticia Eirín García

  • Gallego
  • Tapa blanda
  • Literatura
¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

Ahorro máximo 0,39 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata

  1. Imosver Mejor opción
    18,91 € Envío 2,98 €
    Total 21,89 € Mejor opción 5 días
  2. Amazon
    22,28 € Envío gratis
    Total 22,28 € +0,39 € 2 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis Estudo e edición de 33 cantigas de amor. Este libro parte dun corpus textual constituído por trinta e tres cantigas de amor do rei e trobador portugués Don Denis (1261-1325), nas cales aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da dama, tópico xa presente na literatura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textos trázase unha análise desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco, unha panorámica do sentimento amoroso experimentado pola voz poética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente pola contemplación da senhor. Este estudo vai acompañado do comentario retórico e literario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súa fi xación textual, realizada seguindo as tendencias \'neo-lachmanianas\' e outras achegas actuais e signifi cativas da crítica textual. O cancioneiro de Don Denis, composto por cento trinta e sete cantigas, fai del o trobador máis prolífi co da nosa poesía medieval, mais este destaca tamén cualitativamente, debido á unión nas súas composicións da tradición poética previa con elementos innovadores, así como polo diálogo que estabelece con outras escolas, nomeadamente a provenzal. O presente estudo pretende pór de relevo a singularidade da produción lírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza a nosa poesía medieval, ponderando, de por parte, o seu papel como o último grande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feito que redundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración do noso glorioso patrimonio cultural e literario
Mejor precio 21,89 € en Imosver
Ver libro →