Comparativa de precios
Ahorro máximo 2,00 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Amazon
Mejor opción
12,82 € Envío 0,99 €Total 13,81 € Mejor opción 2 días -
Imosver
12,83 € Envío 2,98 €Total 15,81 € +2,00 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
POR FIN UNHA COLECCIÓN DE LIBROS DE AVENTURAS E MISTERIOS PARA NENAS E NENOS CURIOSOS. Con fantásticas ilustracións a toda cor. A partir de 7 anos. ------------------------------------------------------- A DOBRE AGUIA (Txano e Óscar Nº8) Ola! Eu son Txano, e o meu xemelgo fraternal chámase Óscar. A fin das vacacións achegábase a todo correr namentres pasabamos uns días na aldea da avoa e do avó. Xa sabes, tranquilidade a esgalla e unha chea de tempo con colegas. Ou iso parecía… Unha noite, mentres xogabamos aos agochos, descubrimos un vello diario esquecido nun curral en ruínas. Ao abrilo, atopamos un nome, unha frase e un misterio. Tardamos tres días en resolvelo, pero acabamos saíndo no xornal. Atréveste a pasar estes intrigantes momentos connosco ---------------------------------------- ---------------- Literatura infantil de calidade con historias e personaxes actuais. A maxia, os superheroes, os drones, Internet ou os videoxogos son referentes cos que os nenos e nenas poden identificarse facilmente. Máis de 130 páxinas de diversión, de aventura e de misterio con ilustracións en cor. Txano, Óscar e as súas amigas e amigos adoran os misterios e, en cada libro, dedícanse a resolver aqueles que se cruzan no seu camiño. Libros publicados na colección: A pedra verde (Txano e Óscar 1) Operación Sabuxo (Txano e Óscar 2) O dragón de xade (Txano e Óscar 3) O segredo do pobo dogón (Txano e Óscar 4) O conxuro escarlata (Txano e Óscar 5) Os veciños subterráneos (Txano e Óscar 6) A tumba do emperador tigre (Txano e Óscar 7) A dobre aguia (Txano e Óscar 8) Misión Aurora (Txano e Óscar 9) - Pronto A gaiola de cristal (Txano e Óscar 10) - Pronto Unha aperta para SUSI (Txano e Óscar 11) - Pronto Ollos no ceo (Txano e Óscar 12) - Pronto Que disfrutes de la lectura!