Comparativa de precios
-
Imosver
Mejor opción
14,19 € Envío 2,98 €Total 17,17 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA Autores: Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carlos Negro e Vítor Vaqueiro E no medio desta cacofonía, desta enxurrada de información (onde se atopa a verdade?), desta confusión e deste caos, xorden tres mosqueteiros que mudan a espada pola pluma dos seus sombreiros de aba ancha e transforman a arte da esgrima para mudala de ritual clasista en esgrima gramatical, defendendo así á estirpe que os criou, que fixo deles seres adultos e autónomos. Como eremitas retornados ás súas covas do deserto (neste caso ficticias) foron producindo reflexións aceiradas, salmos, metáforas e alegorías, pequenos poemas cal espiñas dunha coroa de sufrimentos e eivas descubertas, mais tamén de iluminación e aprendizaxe (que na fin son etapas da madureza persoal). Eses tres mosqueteiros, eremitas ou simplemente cidadáns libres son neste caso Vítor Vaqueiro, Xosé María ÁlvarezCáccamo e Carlos Negro, un trío de ases nos que un pode confiar (palabra de D\\\\\\'Artagnan) Contamínense de Xosé María, de Carlos e de Vítor, celebren a escrita sen fronteiras. Contemplen o por-do-sol, respiren conscientemente e sigan as súas intuicións mentres reflexionan no que aqui leron e no que se atopen nos corredores do seu labirinto propio, Minotauros, bestas ilustradas debullando a xelatina dos días. Xavier Queipo, Bruxelas, Xuño 2020