Portada de Tinta

Tinta

ISBN 9788498654424

Desde 16,72 € Compara las 2 tiendas ↓

Por López Silva, Inma

  • 2012
  • 160 págs.
  • Gallego
  • Tapa blanda
  • Literatura
¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

Ahorro máximo 1,99 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata

  1. Amazon Mejor opción
    16,72 € Envío 0,99 €
    Total 17,71 € Mejor opción 2 días
  2. Imosver
    16,72 € Envío 2,98 €
    Total 19,70 € +1,99 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

A literatura dunha década, un ciclo literario completo que lectoras e lectores poden percorrer ao tempo que se debruzan sobre os mundos ficcionais de Inma López Silva. Nos relatos de Tinta agroma a semente dalgunha novela xa publicada a carón do paseo, páxina a páxina, de criminais encantadores, soñadoras de toda caste, actrices tristes, caricaturas de ditadores, peregrinos loucos e fotógrafos do vento que atoparon vida na tinta xurdida da capacidade fabuladora da escritora. Os relatos deste libro foron escritos entre os anos 2000 e 2010 malia no libro non estaren ordenados cronoloxicamente. Segundo confesa a autora, "Todos eles están xa publicados, sexa por figuraren en distintas antoloxías ou revistas, sexa por seren premiados nalgún certame literario. A súa edición nun único volume non responde a outro obxectivo ca salvalos da dispersión e, nalgúns casos, do esquecemento". Por iso, os relatos de Tinta non manteñen unha unidade nin de asunto nin de estilo; así e todo, por baixo destas "diferenzas cualitativas flagrantes" entre uns relatos e outros, lectores e lectoras han atopar como fío condutor a unidade que as teimas, as obsesións e as paixóns da autora lle outorgan. Trátase, pois, da "tinta" que correu polas veas da escritora ao longo dos dez últimos anos.Unha selección de relatos escritos durante a primeira década do século XXI. A autora de 'Memoria de cidades sen luz' amosa nestes textos, de asunto aparentemente heteroxéneo, as teimas e paixóns dunha vocación literaria que atravesa eses dez anos cun pulo creador constante.
Mejor precio 17,71 € en Amazon
Ver libro →