Comparativa de precios
-
Imosver
Mejor opción
17,10 € Envío 2,98 €Total 20,08 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Custodiados por vinte naves de liña ao mando do vicealmirante François Louis de Rousselet, marqués de Châteu-Renault, os galeóns españois transportan o maior tesouro que xamais se confiou ao azar das ondas, segundo asegura o duque de Medinaceli, embaixador español en Versalles. O seu valor supera os cincuenta mil millóns de euros ao cambio actual, e unha quinta parte corresponde a Felipe V de Borbón, coroado monarca en xaneiro de 1701, aos dezasete anos de idade. Neto do Rei Sol, Luís XIV de Francia, o católico Borbón necesita con urxencia a prata americana na guerra declarada por unha liga de países protestantes unidos na Santa Alianza: Inglaterra, o Sacro Imperio Romano Xermánico e as provincias dos Países Baixos. No entanto, a burocracia do Consello de Indias impide a descarga das mercadorías, alegando que Sevilla ostenta o monopolio do comercio marítimo. O almirante sevillano Manuel de Velasco, xefe da frota de Indias, estará presionado polos herexes, polas súas propias tropas e tamén polo astuto Gaspar Antonio de Zúñiga, capitán xeral de Galicia no castelo de Baiona. Daquela, o almirante Velasco sol