Comparativa de precios
-
Imosver
Mejor opción
23,70 € Envío gratisTotal 23,70 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Co pouso do tempo, refago, reelaboro escritos de momentos de intensa actividade memorialista, consciente de que o labor non só non está esgotado, senón que a memoria aínda non virou en historia. Algúns deses retallos arrexuntados en forma de cinco capítulos viron a luz baixo o rótulo de Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor. Nesta media ducia de traballos refeitos dende as iniciais notas para a acción, regreso ao Val de Miñor sometido ao terror desatado en xullo de 1936 e repaso, a xeito de recordatorio, tres lustros de intervención memorialista, mentres abro o obxectivo da pescuda a territorios lindeiros, como o Tomiño baixomiñoto, o Mos da Louriña ou o campo de concentración de Santa María de Oia, mentres os matinares abanean entre Memoria e Historia