Portada de Tempo de crepusculo/narrativa

Tempo de crepusculo/narrativa

ISBN 9788475077321

Desde 8,00 € Compara las 2 tiendas ↓

Por Fernandez Naval, F.X.

¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

Ahorro máximo 4,44 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata

  1. Amazon Mejor opción
    8,00 € Envío 0,99 €
    Total 8,99 € Mejor opción 2 días
  2. Imosver
    10,45 € Envío 2,98 €
    Total 13,43 € +4,44 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

A vida dun funcionario gris cambia brutalmente a consecuencia da explosión dun paquete bomba que o deixa cego e paralítico. A partir desta circunstancia, Fernández Naval propón unha viaxe polas gándaras da memoria, proceso no que se mestura a recuperación do pasado para seguir vivindo, e mais a procura dunha frase, un aceno, unha pegada no recordo, que lle permita saber ó protagonista quen e por que decidiu atentar contra el.A novela transcorre así en vintesete capítulos, nove días nos que o protagonista vai refacendo vellas vivencias e sensacións -o amor imposible cunha compañeira de traballo, o ambiente malsán na oficina, a infancia nunca esquecida-, e ó tempo modificando o seu xeito de pensar e a súa percepción da realidade. Unha única paisaxe, a da habitación que xa non pode ver, salferida das outras moitas paisaxes que aínda lembra, o quentor do sol, as infusións da monxa que o deita, os ruídos que lle chegan do exterior e do propio edificio no que habita, constitúen a totalidade de estímulos que percibe; e logo está o medo, representado na constancia dunha chamada anónima que conturba a casa cada madrugada.A voz do protagonista e a do narrador mestúranse con frecuencia ó longo dos capítulos. O monólogo interior, só ás veces interrompido por breves e intencionados diálogos, é a base do discurso.Tempo de crepúsculo, título dunha vella canción dos Platers vencellada ó pasado do protagonista, pretende principalmente contar unha historia e ó tempo conectar co que de esencial e orixinario ten a novela, o EU, o individuo como eixo e fin da narración.Hai unha certa homenaxe á Ventana indiscreta de Alfred Hitchcock, só que aquí afiestra non se abre ó exterior, mira para adentro, ó cerne mesmo do protagonista, ó lugar de onde provén a fortaleza que nos salva e a debilidade que nos vence.
Mejor precio 8,99 € en Amazon
Ver libro →