Comparativa de precios
-
Imosver
Mejor opción
6,51 € Envío 2,98 €Total 9,49 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Cun estilo áxil, Fran Alonso constrúe en Silencio unha interesante trama que afonda na esquizofrenia do mundo urbano contemporáneo a través dunha situación límite. A partir dun entramado narrativo cheo de intriga e de paixón, un xornalista represaliado vai relatando as circunstancias nas que se ve envolto sen querelo."Fran Alonso volve á narrativa coa contundencia da brevidade e eficacia dun estilo directo e preciso. Intigra e desacougo urbano. Estouno devorando: escribo en pleno acto (hai media hora que comecei o libro e non podo parar). O escritor galego, como moitos narradores sabios e humildes de todo o mundo, segue o legado de Kafka". (Antón Reixa)."Fran Alonso exorcizou os seus demos con esta viaxe ós infernos do desgabo, a indiferencia e a soidade do home moderno. Paseniñamente, coma nos bos contos de terror, asoláganos nese mundo estraño e arrepiante que xorde de súpeto tan só con rañar uns centímetros a costra da máis anodina cotianidade". (Xoán Acuña)."Para ensumirnos -e abraiarnos- neste aire de irracionalidade e esquizofrenia de Silencio abóndalle a Fran Alonso un retallo mínimo dun xornalista envolto nunha situación que el mesmo chega a sospeitar froito da súa imaxinación. (...) Basta deixarse levar polos ingredientes do medo e da intriga para que as prosas, deliberadamente escuetas, de Fran Alonso teñan sentido e un universo tan ricaz e enxeñoso tiren briosamente do lector". (F. Martínez Bouzas).