Comparativa de precios
Ahorro máximo 1,98 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
El Corte Inglés
Mejor opción
18,05 € 19,00 € Envío 1,00 €Total 19,05 € Mejor opción 4 días -
Imosver
18,05 € Envío 2,98 €Total 21,03 € +1,98 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
A rota do sol. Unha mirada no que pasa trata do estado da cuestión nacional galega e do mundo neste tempo de crise política e económica-financeira. Nun momento en que se agudiza o propósito de configurar o Estado español como nación única e España como nación exclusiva, no relato saliéntanse a personalidade histórica diferenciada de Galiza, a condición do galego como lingua propria, nacional e universal e a capacidade social e económica propria para sustentar o pleno autogoberno, tendo que enfrontarse ao grave problema migratorio e demográfico herdado. A nova situación internacional é contemplada desde a perspectiva obrigada dos acontecementos de 1989, no ano da caída do Muro de Berlín e o Consenso de Wáshington sobre o capitalismo neoliberal e o fundamentalismo de mercado, co declinio das potencias da Guerra Fría, a emerxencia de novos Estados como salientes actores mundiais, a permanencia das desigualdades no planeta e a existencia de pobos que aínda loitan contra o horror do apartheid, a opresión nacional e a negación dos dereitos humanos. Neste contexto o traballo razoa sobre o carácter da Unión Europea, considerando os efectos da crise e o recoñecemento de nacións sen Estado. Por fin aprécianse as relacións de Galiza con Portugal e Brasil.