Portada de Represión e depuración do maxisterio na provincia de pontevedra: Análise teórica e estudo por partidos xudiciais, concellos e parr

Represión e depuración do maxisterio na provincia de pontevedra: Análise teórica e estudo por partidos xudiciais, concellos e parr

ANDAVIRA

  • 2021
  • 704 págs.
  • gl
  • paperback
  • 9788412426922

Comparativa de precios

  1. El Corte Inglés Más barato
    20,90 € 22,00 € Envío 2,95 €
    Total 23,85 € 4 días

Los precios y la disponibilidad pueden variar. Cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Neste libro sobre a depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra estudamos un proceso que afectou á práctica totalidade do profesorado, salvo algunhas excepcións que quedaron á marxe. Os profesionais máis identificados coas iniciativas socio educativas republicanas foron os que recibiron castigos máis severos. A moitas e moitos profesionais do ensino que sobreviviron á traxedia da guerra civil ou da incivil guerra non lles quedou máis saída que sumirse nun particular e duro exilio interior, do que en boa maneira se beneficiou o franquismo. Os obxectivos deste traballo son: Analizar as características de dous sistemas educativos enfrontados e antagónicos: a escola republicana fronte á escola franquista. Profundar nos aspectos de política escolar, reformas e innovacións no período republicano, que axudan a describir, comprender e explicar o posterior proceso de depuración e represión do maxisterio. Describir os procesos de depuración e represión mediante a análise cuantitativa e cualitativa de todos os implicados. Pola Comisión Provincial de Depuración pasaron arredor de mil oitocentos profesionais do ensino primario da provincia de Pontevedra. Descifrar as distintas fases da depuración do maxisterio, que ás veces tenden a confundirse. Constatar as diferentes sancións impostas, que figuran de xeito moi pormenorizado, tanto no corpo do traballo como no anexo final, seguindo unha orde alfabética. Elaborar a nómina de todos os mestres e mestras da provincia de Pontevedra sometidos ao proceso de depuración. Unha cuarta parte, aproximadamente, dos que pasaron pola depuración foron sancionados. Recoller noticia dos mestres que foron mortos (paseados, fusilados, etc.), e que roldan a trintena. A nosa intención é contribuír á recuperación da memoria histórica do maxisterio pontevedrés nos anos da guerra e posguerra. Os afectados non foron solo os mestres e mestras, senón tamén as súas familias, os amigos, as relacións máis ou menos extensas. Cabe dar nome e lugar na Historia a todos eles e elas, non sempre aos mesmos, como se tende a facer a miúdo por diferentes motivos. Compartimos neste libro a premisa de Ortega: O pasado non nos dirá o que debemos facer, senón o que deberiamos evitar.
Mejor precio 23,85 € en El Corte Inglés
Comprar →