Comparativa de precios
-
El Corte Inglés
Mejor opción
27,30 € Envío 1,00 €Total 28,30 € 4 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
O proxecto A Nosa Casa para a etapa de Primaria de Relixión Católica responde ao &reto ecolóxico& do papa Francisco na encíclica Laudato si´ de coidar a nosa casa común.Os contidos bíblicos e teolóxicos desenvolven o currículo da CEE e articúlanse arredor do coidado persoal, do coidado do contorno e do coidado do planeta.Unha familia de sete membros coa súa mascota introduce o alumno nos contidos de cada unidade cunha especial atención á diversidade cultural e a valoración de persoas con discapacidade.Unha aposta decidida por ilustracións bíblicas de alto nivel estético permite abordar os contidos bíblicos establecendo un diálogo entre Biblia e arte.Os contidos teolóxicos propostos polo currículo da Conferencia Episcopal desenvólvense cunha linguaxe accesible para os alumnos, apoiándose en textos maxisteriais tamén adaptados ao nivel de comprensión do alumnado e encarnados en &testemuñas& que exemplifican nas súas vidas os contidos que se están a explicitar.Unha dobre páxina arredor do &coidado& permite traducir as aprendizaxes en prácticas cotiás. Prácticas que se abren ao ámbito escolar, veciñal e familiar.As unidades péchanse con resumos ilustrados coa técnica de Visual Thinking ou Pensamento Visual, que facilitan a síntese intuitiva das aprendizaxes adquiridas.