Comparativa de precios
Ahorro máximo 1,53 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Amazon
Mejor opción
17,00 € Envío 0,99 €Total 17,99 € Mejor opción 2 días -
El Corte Inglés
18,52 € 19,50 € Envío 1,00 €Total 19,52 € +1,53 € 4 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Os membros da 'Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico' (LIJMI) reúnen neste volume un conxunto de estudos baixo o título Reescrituras do conto popular (2000-2009). A partir dunha introdución teórica que desvela as claves da reformulación dos referentes populares tradicionais no período temporal escollido, seis traballos analizan as obras máis salientábeis que responden a eses criterios nas literaturas que abrangue o marco ibérico e tamén no ámbito iberoamericano. O volume complétase cunha selección de obras, que recolle un total de cen títulos, e mais cunha bibliografía descrita que acolle algunhas das achegas máis relevantes en relación coa literatura popular, cuxo obxectivo é facilitar o labor das persoas encargadas da mediación á hora de se achegar a este tema. Cada un dos traballos vai escrito na lingua de procedencia ou da elección dos autores, co cal se pretende dar a coñecer as linguas do marco ibérico e iberoamericano. Só se traducen ao galego, por se editar en Galicia o libro, os orixinais vascos, pola dificultade de comprensión que ofrece esta lingua non románica, así como os apartados xerais do libro.