Comparativa de precios
Ahorro máximo 0,23 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Imosver
Mejor opción
14,25 € Envío 2,98 €Total 17,23 € Mejor opción 5 días -
Amazon
16,47 € Envío 0,99 €Total 17,46 € +0,23 € 2 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
O REBUMBIO DOS VAGALUMES 2ª Ed. Novembro do 215 O rebumbio dos vagalumes é unha novela na que a súa protagonista, Paula, unha profesora universitaria emparellada cun executivo de éxito do mundo financeiro, se rebela contra o destino ao que se sente condenada. As procuras desta muller e os folgos cos que decide canear a súa vida furan sen retorno a vida de varios personaxes até que un rebumbio de vagalumes a empurra a un destino ao que non quería chegar. A historia de Paula, contada en primeira persoa, convive cos testemuños doutros personaxes e co de Xaime, a súa parella -enfiadas pola inercia e a traxedia dun destino que non agardaban vivir. O que lle acontece á protagonista, e mais ás persoas coas que convive ao longo da obra, cumpre coa traxedia muda de moitas mulleres que no tempo actual, pola asfixia emocional do medio no que vive, non enfían a vida pola cara que máis lles convén. A novela, desenvolta en diferentes cidades galegas e europeas, empata varias historias -a dun boticario, un financeiro e dous médicos- dentro dunha trama común contada con ritmo e paixón polos seus personaxes e por un narrador alleo ás outras vidas de Paula. "Todos os retratos -asegura a protagonista da novela- agochan máis do que asoman".