Portada de Que lle podo ofrecer a quen me intente?: Monográfico Lois Pereiro

Que lle podo ofrecer a quen me intente?: Monográfico Lois Pereiro

ISBN 9788499142838

Desde 18,52 €

EDICIONS XERAIS DE GALICIA

  • 2011
  • 176 págs.
  • Gallego
  • Tapa blanda
¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

  1. El Corte Inglés Mejor opción
    18,52 € 19,50 € Envío 1,00 €
    Total 19,52 € 4 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), vinculado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. En consonancia coa actividade que literaria e socialmente se desenvolve arredor do Día das Letras Galegas, o noso grupo quere contribuír ás numerosas achegas realizadas ó estudo e análise do autor ou autora ó que se dedica esta celebración. A figura de Lois Pereiro, que protagoniza este 2011, é pois quen centra esta primeira entrega. Trátase dun autor complexo e senlleiro, ás veces periférico, coma un outsider, ata o de agora lonxe da canonización académica. Porén, Lois Pereiro gozou e goza de certa admiración, e mesmo culto, por parte de sectores minoritarios pero relevantes no campo cultural galego. O Día das Letras Galegas vai permitir que a súa presenza irrompa de xeito definitivo na sociedade galega, chegando por fin a novos e amplos círculos. Trátase, si, dun escritor complexo, pero tamén transgresor, que o sistema literario galego, desde o canon, ten dificultades á hora de clasificar, etiquetar... Desde a súa pertenza ou inclusión nun determinado grupo xeracional, á súa novidosa estética que incorpora trazos da cultura underground contemporánea do rock e do punk anglosaxóns, pasando polas súas fontes e referencias da poesía e da literatura centroeuropea en lingua alemá. Ningunha outra figura do seu tempo ten un perfil biográfico similar, cunha actitude vital na que se proxectan as mesmas tensións que tamén toman corpo nos seus textos.
Mejor precio 19,52 € en El Corte Inglés
Ver libro →