Comparativa de precios
Ahorro máximo 0,24 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Imosver
Mejor opción
14,01 € Envío 2,98 €Total 16,99 € Mejor opción 5 días -
Amazon
16,24 € Envío 0,99 €Total 17,23 € +0,24 € 2 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Non cansarei de reiterar que unha nación non é un territorio, que incluso é un ingrediente prescindíbel para que exista unha realidade sociopolítica definíbel como nación. Elucidouno Otto Bauer hai cen anos: o territorio é un elemento básico para a existencia dun Estado, non dunha nación. Organizar o territorio do Estado -analxésico para a dór de moas "autoanémica"- non serve para artellar fontes de poder soberano dun Estado plurinacional. O proprio rótulo do Título VIII constitucional delata aos constituíntes españois. Por aí nunca terá solución o problema político da Galiza -nen de calquer outra comunidade nacional con aspiración a autogobernarse. Nen na Penínsua malchamada ibérica, nen na Europa unida ou desunida, nen en ningún recanto do Planeta Terra. Pondal escribira: "a luz virá para a caduca Iberia dos fi llos de Breogán". Non contaba coa incurábel cegueira política celtíbera -análoga, por certo, á das persoaxes da xenial novela do Saramago. "Non nos entenden, non": esa frase pondalián si que segue a ser un certeiro veredicto. Infortunadamente Xosé Manuel Beiras