Comparativa de precios
Ahorro máximo 1,55 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Imosver
Mejor opción
22,61 € Envío gratisTotal 22,61 € Mejor opción 5 días -
Amazon
24,16 € Envío gratisTotal 24,16 € +1,55 € 2 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Enxergar é poñer todos os sentidos, mais os da intuición, sobre o que nos arrodea: a sensibilidade. Cómpre pois enxergar agora o que nestas liñas se nos conta sobre un anaco da vida de Iván Marrube: unha terra, un tempo e unha acción. Non podía ser doutro xeito, é esta unha homenaxe que Lois Diéguez, en plenitude, fai a súa nación, Galiza, á Terra de seu. Á Ribeira Sacra con capital en Monforte e a esa aldea a cabalo do Courel dos tesos cumes, Salcedo. Por aquí o Oso esperta polo Entroido e segue anunciando cada primavera. O paso pola Coruña, con outras incursións, incluso a Malí e á Tombuctú, capital da nación negada Tuareg, no corazón do Sahara. O tempo é o noso, entre un e outro Entroido. Na acción os personaxes, como enfermos, arrastran o debate entre o rural e o urbano, entre o imperio e a nación, entre o humanismo e a mercantilización. E os conseguintes efectos: as contradicións, a crise de identidade, a anomía. Gabancioso desvarío tras unha publicidade arrodeada de bixuterías, La Coruña es Cielo... Guión cinematográfico con luz, sombras, policromía, arrecendo a loureiro e tamén a gasóleo urbano, cunha inquietante música de fondo, quizais de chirimía, a cabalo da que cabalgamos sobre horizontes de montes e entre urbanizacións impersoais en que cada día se acenden, arden e apagan os sete pecados capitais. Sabor a filloa e a pizza? e detrás de nós, a gadoupa, a sorpresa ancestral da Poutada do Oso, o bater da identidade, construída por tradicións, pescudas, innovacións, por relacións cun mundo que tamén nos zuga, engole, uniformiza e escraviza. Lois Diéguez fende tópicos, abre novos vieiros na Galiza das encrucilladas.