Comparativa de precios
Ahorro máximo 1,51 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Amazon
Mejor opción
20,38 € Envío gratisTotal 20,38 € Mejor opción 2 días -
Imosver
18,91 € Envío 2,98 €Total 21,89 € +1,51 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO Sete anos en negro Cómpre un balance do desgoberno de Feijóo. Sete anos perdidos, sete anos en negro. Este é o «éxito económico» de Feijóo: no primeiro trimestre de 2009, co goberno bipartito (PSOE-BNG), Galiza tiña 162.700 persoas desempregadas, cunha taxa de paro do 12,22%, e acababa 2015 con 222.700 parados e unha taxa do 17,74%; nese mesmo período, a débeda pública de Galiza pasaba de 3.923 millóns de euros a 10.375 millóns, e Galiza perdía máis de 18.000 millóns de euros na súa capacidade de gasto, pasando de 11.793 millóns de euros en 2009 a 8.873 millóns en 2016. Galiza recada cada ano 3.000 millóns de euros máis do que despois inviste o Estado na nosa nación. Perdemos 8.464 millóns de euros dende a entrada en vigor do sistema de financiamento autonómico en 2009. E Feijóo calou. Retroceso no Estado de Benestar. Recorte de 237 millóns de euros no orzamento de Sanidade (un 18%), hai un proceso de privatización da sanidade pública e suprimíronse máis de 3.000 postos de traballo. Recorte de 256 millóns de euros no orzamento de Educación desde 2009, coa perda de máis de 2.000 ensinantes. Hai 23.672 persoas dependentes, que seguen esperando por unha prestación, e 465.852 persoas (o 16,14% da poboación) viven na Galiza por debaixo do limiar da pobreza. Desmantélase o sistema financeiro galego e as caixas fusionadas véndense, a prezo de saldo, a un banco venezolano. Perdemos o Banco Pastor e o noso aforro tamén emigra. Abandono de sectores estratéxicos da nosa economía: volven as tractoradas en defensa dun prezo digno para o leite; paralización da construción naval; temos menos barcos de pesca e perdemos caladoiros; a Xunta practica unha nefasta política forestal e o PP prorroga a concesión a Ence na ría de Pontevedra até 2073. Continúa a corrupción nos concellos galegos e o financiamento ilegal do PP. O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, está procesado por ofrecer traballo a cambio de sexo. E Feijóo non sabía nada.