Comparativa de precios
Ahorro máximo 1,40 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Amazon
Mejor opción
8,00 € Envío 0,99 €Total 8,99 € Mejor opción 2 días -
Imosver
7,41 € Envío 2,98 €Total 10,39 € +1,40 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Esta é a historia dunha nena que ten que soportar as maldades da súa amiga Otilia, empeñada en dicirlle que o tío Antonio que vive na casa de Paulina non é o seu tío, senón o seu padrasto. Pero Paulina ten un piano. E o piano non só lle serve para tocar. Fala con el, cóntalle as súas mágoas, rin xuntos... Mesmo cando na casa a queren facer amiga de Otilia pola forza, porque as nais tamén eran amigas, Paulina pensa en contarllo ó piano, dicirlle que Otilia non lle gusta, que cando fala, lémbrase das frechas dos indios ou dos icebergs. O final, na praia, mentres Otilia lle fala das cousas de sempre, a ela só lle importa gañar unha aposta que lle fai o tío Antonio: quen se tire antes á auga, gaña un xelado grande, enorme, dos que fan doer a barriga.