Portada de O paseo

O paseo

ISBN 9788484875970

Desde 11,35 €

Por Robert Walser

¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

  1. Imosver Mejor opción
    11,35 € Envío 2,98 €
    Total 14,33 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

O paseo, que chegou ás librarías en 1917, é seguramente a obra máis emblemática do suízo Robert Walser. Estamos ante unha xoia literaria, ante unha exquisitez que revela unha inusitada vis cómica e lírica e máis un abraiante dominio da lingua. Atopamos aquí, marabillados, unha voz modesta, despreocupada, feliz e xovial, fresca, confiada, agradecida e ceiba. Unha voz, a maiores, discreta e elegante. Unha voz calma, transida de tenrura, de piedade e de amor; unha voz incapaz de asumir a carga prosaica e práctica da modernidade; a voz, en fin, dun ser humano perdido, fragmentado, que se esfarela entre o conxunto das cousas pequenas e fuxidías, e, desta guisa, se libera do peso dun mundo que non recoñece nin lle ten sentido. É precisamente a este mundo noso tan estraño que Walser lle entregou O paseo, a súa idea da camiñada como ritual humilde, como arte, como pura poesía, exuberante, exaltada, intensa e evocadora, e como fonte dunha filosofía que, construída desde a beira, a insignificancia, a inseguridade e a soidade, descansa na contemplación ingrávida e demorada e conduce á fusión final coa contorna, é dicir, á difuminación, á desaparición, ao esquecemento; á disolución da dor, da angustia, do medo sempre pudorosamente silenciados.
Mejor precio 14,33 € en Imosver
Ver libro →