Portada de OS INTELECTUAIS E A ORGANIZACIÓN DA CULTURA

OS INTELECTUAIS E A ORGANIZACIÓN DA CULTURA

ISBN 9788484874195

Desde 19,00 € · envío gratis Compara las 2 tiendas ↓

Por Antonio GRAMSCI

¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

Ahorro máximo 1,62 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata

  1. Imosver Mejor opción
    19,00 € Envío gratis
    Total 19,00 € Mejor opción 5 días
  2. Amazon
    20,62 € Envío gratis
    Total 20,62 € +1,62 € 2 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Até a aparición dos apuntamentos e notas que Antonio Gramsci escribiu nos cárceres fascistas, o estudo dos intelectuais tanto no movemento obreiro Até a aparición dos apuntamentos e notas que Antonio Gramsci escribiu nos cárceres fascistas, o estudo dos intelectuais tanto no movemento obreiro en xeral como no pensamento marxista en particular, non pasaba de ser unha achega a-histórica e superficial. Gramsci, nos seus apuntamentos dedicados aos intelectuais e á historia dos intelectuais, recollidos postumamente baixo o título de Os intelectuais e a organización da cultura, inscribe a estes no lugar que lles corresponde no complexo mundo da división social do traballo ou, se se prefire, no mundo da produción. Ao inscribir o intelectual no mundo da produción, Gramsci rehabilítao e dá a entender que a noción xeral do intelectual só pode ser funcional: todos os homes son intelectuais aínda que non realicen na sociedade a función de intelectuais. Esta concepción provoca a xeneralización do termo, de aí que o pensador italiano propoña unha división do intelectual en graos: do alto intelectual (os creadores das diversas ciencias, da filosofía, da arte, etc., é dicir, os creadores da ideoloxía dominante) aos pequenos intelectuais ou intelectuais subalternos: os "administradores" máis humildes, os divulgadores da riqueza intelectual xa existente, tradicional, acumulada, coa engádega de toda unha capa intermedia de intelectuais que aínda sendo cualificados de improdutivos, aproveitan a súa posición privilexiada para facerse asignar unha parte enorme da renda nacional. Todo este amplo grupo conformaría os "transmisores" da ideoloxía dominante.en xeral como no pensamento marxista en particular, non pasaba de ser unha achega a-histórica e superficial. Gramsci, nos seus apuntamentos dedicados aos intelectuais e á historia dos intelectuais, recollidos postumamente baixo o título de Os intelectuais e a organización da cultura, inscribe a estes no lugar que lles corresponde no complexo mundo da división social do traballo ou, se se prefire, no mundo da produción. Ao inscribir o intelectual no mundo da produción, Gramsci rehabilítao e dá a entender que a noción xeral do intelectual só pode ser funcional: todos os homes son intelectuais aínda que non realicen na sociedade a función de intelectuais. Esta concepción provoca a xeneralización do termo, de aí que o pensador italiano propoña unha división do intelectual en graos: do alto intelectual (os creadores das diversas ciencias, da filosofía, da arte, etc., é dicir, os creadores da ideoloxía dominante) aos pequenos intelectuais ou intelectuais subalternos: os "administradores" máis humildes, os divulgadores da riqueza intelectual xa existente, tradicional, acumulada, coa engádega de toda unha capa intermedia de intelectuais que aínda sendo cualificados de improdutivos, aproveitan a súa posición privilexiada para facerse asignar unha parte enorme da renda nacional. Todo este amplo grupo conformaría os "transmisores" da ideoloxía dominante.
Mejor precio 19,00 € en Imosver
Ver libro →