Comparativa de precios
Ahorro máximo 2,98 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Amazon
Mejor opción
18,95 € Envío gratisTotal 18,95 € Mejor opción 2 días -
Imosver
18,95 € Envío 2,98 €Total 21,93 € +2,98 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
José Gómez de la Cueva, que asinaba os seus traballos co pseudónimo Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os anos anteriores á guerra civil. Os seus artigos, reportaxes e entrevistas publicáronse, sobre todo, en xornais galegos (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e tamén de ámbito español (Ahora, El Sol, La Voz de Aragón), distribuídos pola Axencia EDIM. Tamén escribiu para revistas que se difundían en todo o Estado, como Estampa ou Gaceta de Galicia. Como poeta a súa obra apareceu en xornais e revistas, pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes da súa morte, de publicar unha escolma co título de "Cartafol de poesía". Elixido alcalde de Bueu polo Partido Galeguista en 1936, o seu traballo neste eido transcendeu o ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases traballado ras, fundamentalmente mariñeiros para mediar coas forzas políticas e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa detención e, despois dun consello de guerra, foi condenado a morte, sentencia que se levou a cabo o 17 de abril de 1937. A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) é unha recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos (política, cultura, lingua...), por xéneros xornalísticos e ordenados cronoloxicamente.