Comparativa de precios
Ahorro máximo 0,26 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Amazon
Mejor opción
15,03 € Envío 0,99 €Total 16,02 € Mejor opción 2 días -
Imosver
13,30 € Envío 2,98 €Total 16,28 € +0,26 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Crónicas e figuracións dun transmundo colonial. Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada, cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelo case ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba a carapucha para ser un tal. Era o Nuredin. Falaba un francés moi comprensíbel, meno s mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríume baixarmo s ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estrada da beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade a aquelas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botou un sorriso de compracencia pola miña confianza. O auto era un Mercedes grandocho, modelo ano de catapún, confortábel só que moi vencido -ouleaba o motor coma un can doente cando reducía a marchas curtas, mais andaba ben. Polo camiño, dabame espricacións breves sobre lugares polos que pasabamos, edificios singulares ou monumentos que viamos, os vestixios da presenza portuguesa de antano, a francesa máis recente, inda onte coma quen di. \\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\"Fomos un país ocupado, e nótasenos aínda hoxe\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\" -dixo de sócato nunha desas, como sen querer, e botoume unha inquisitiva ollada de esguello polo retrovisor, ao axexo