Portada de Natureza e vulnerabilidade

Natureza e vulnerabilidade

ISBN 9788484877608

Desde 18,95 €

Por Alexandro Cendón

¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

  1. Imosver Mejor opción
    18,95 € Envío 2,98 €
    Total 21,93 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Que é a natureza? Existe a natureza? A natureza é unha construción cultural ou social? Existe algo independentemente de nós ao que nos poidamos referir así, nesta época do Antropoceno? Por outra banda, podemos danar a natureza? Ese dano é algo consubstancial a ela ou é un feito histórico? A todas estas preguntas trata de responder este libro, dende a filosofía e apoiándose noutros campos do saber. A través das súas páxinas veremos que a natureza segue a ocupar un lugar preeminente nas preocupacións das nosas sociedades contemporáneas, ora como recurso que aproveitar, ora como espazo que habitar. Sexa de esguello ou directamente, como fai o ecoloxismo, as miradas cara á natureza continúan a estar presentes nos nosos discursos e elaboracións teóricas en diferentes eidos. O presente libro fai unha análise orixinal, pertinente e rigorosa sobre o concepto de natureza, a partir da constatación da súa vulnerabilidade, entendida esta como exposición ao dano e como apertura. Unha vulnerabilidade que non se refire á súa esencia, senón aos acontecementos históricos que desembocaron nela. Hoxe cobra importancia pensar na Terra, cando o despregue do gran capital e a súa globalización económica destrúen e actúan como contrapunto da mesma, solapándoa, ocultándoa e negándoa, tendo como resultado a conseguinte crise ecolóxica na que estamos inseridos. Unha crise que pon o foco na lameira sobre a que se sustentan as nosas sociedades, pasando por alto toda unha ontoloxía de relacións que explica a nosa comunidade de vida.
Mejor precio 21,93 € en Imosver
Ver libro →