Comparativa de precios
-
Amazon
Mejor opción
11,82 € Envío 0,99 €Total 12,81 € 2 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
«N-a miña aldea. Por O Fidalgo de Monterrey», José Alonso Obregón, Ed. Ourense, Imprenta La Industrial 1928 (cartoné, octavo maior, 12,7x19 cm, 112 páxinas) José Alonso Obregón (Laza 1885-1936) foi un sacerdote, escritor e xornalista galego. Exerceu o sacerdocio en Taborda (Pontevedra), e nas parroquias de Cerdedelo, Castro de Laza e Xinzo de Limia (en Ourense).Como xornalista colaborou en La Voz del Tecla, El Compostelano e Heraldo de Galicia.Entre os seus escritos destaca a presente obra, de carácter narrativo, onde reflexa a vida en Laza e que recolle a primeira descrición dos peliqueiros, figura central do Entroido de Laza.Coa desculpa dun relato costumista que xira arredor de dous namorados, O Fidalgo de Monterrey preséntanos o decurso anual da vida nunha aldea galega do interior, interpelando ao lector dun xeito familiar e directo. Na obra describe con todo detalle a actividade na aldea, sempre vencellada á natureza e aos traballos do agro, as súas festas, crenzas e costumes, constituíndo un traballo do máximo interese etnográfico e antropolóxico, cheo de localismos e de arrecendo á terriña, que merece a pena a súa recuperación.INDICE:Dedicatoria. CAP. I.- A festiña d´o lado.CAP. II.- A miña aldea.CAP. III.- A feiraCAP. IV.- ¿....?CAP. V.- As noites d´o inverno.CAP. VI.- A vispra de S. Xoan.CAP. VII.- O día d´a festa. CAP. VIII.- A escasula.CAP. IX.- O Entroido.CAP. X.- A marcha d´os quintos.CAP. XI.- Dind-á guerra.CAP. XII.- Despois d´a guerra.CAP. XIII.- O «Mayo».CAP. XIV.- A festa d´o divino Cristo.CAP. XV.- O viático.CAP. XVI.- Sinda