Comparativa de precios
Ahorro máximo 0,48 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
El Corte Inglés
Mejor opción
28,02 € 29,50 € Envío 1,00 €Total 29,02 € Mejor opción 4 días -
Amazon
29,50 € Envío gratisTotal 29,50 € +0,48 € 2 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Setenta anos despois da súa redacción, publicamos esta meticulosa biografía de Manuel Murguía, escrita por Lois Carré Alvarellos (A Coruña, 1898-1965) e conservada inédita ata hoxe nun mecanoscrito de 370 páxinas. Abarca desde o nacemento do historiador en 1833 ata o ano 1882, pouco antes do falecemento da súa esposa e colega, Rosalía de Castro. Malia que non puido rematar o seu traballo, a edición deste volume contribuirá de maneira decisiva á reconsideración da figura de Murguía, a quen por certo Lois Carré coñeceu e tratou persoalmente na súa infancia e adolescencia. As profesoras Esther García de Lucas e Olivia Rodríguez González destacan no Limiar (onde se incorporan numerosas fotografías descoñecidas do autor) a minuciosa bibliografía manexada por Lois Carré, nun texto que combina desde certas doses de novela histórica ata extensos apartados -con raíces no Positivismo científico- onde todo debía ser documentado. A publicación deste novo volume da Colección Rescate coincide coa conmemoración do centenario da morte de quen foi e é considerado o Patriarca das Letras Galegas.