Comparativa de precios
-
Imosver
Mejor opción
16,10 € Envío 2,98 €Total 19,08 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
\"O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das palabras\". Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüista, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos: Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás...) e protagonista dunha singular peripecia vital. Con só tres meses de idade deixou o seu Londres natal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballo como profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo había entrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston, co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantes desde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia... A Carys cadroulle vivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura lingua materna é o relato vital dunha muller que viviu os idiomas coma \"ferramentas para intentar descifrar o mundo e para sabermos quen somos\".