Comparativa de precios
-
El Corte Inglés
Mejor opción
20,93 € 22,03 € Envío 1,00 €Total 21,93 € 4 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
O DCB da materia 'Métodos Estatísticos e Numéricos' estabelece seis bloques de contidos da mesma: 'Probabilidade condicionada', 'Mostraxe', 'Estatística inferencial', 'Series temporais', 'Programación linear' e 'Métodos numéricos'. Neste libro refundíronse os bloques de 'Mostraxe' e 'Estatística inferencial' nun só, chamado 'Inferencia estatística', debido a cuestións de organización dos contidos e ao feito do carácter indisociábel que teñen a mostraxe e a estimación. Ademais, o bloque de 'Probabilidade condicionada' reforzouse cun tema inicial de probabilidade e outro de distribucións de probabilidade, aparte dos de probabilidade condicionada como tal e cadeas de Markov (fixados no DCB). Tras estes cambios os cinco bloques resultantes foron Probabilidade, Inferencia Estatística, Series Temporais, Programación Linear e Métodos Numéricos. Cada bloque é abordado partindo dunha introdución histórica que sitúa os contidos no tempo en que foron aparecendo e resalta aqueles persoeiros que contribuíron a súa introdución ou expansión. Debido á extensión dalgún destes bloques, ou a diferenza de conceptos que abarcan, están tratados a súa vez, en diferentes unidades didácticas, facendo fincapé na resolución de problemas en detrimento de demostracións rigorosas dos resultados que se estudan.