Portada de METEORITO E OS IMPREVISTOS: Meteorito trata de entender que o máis previsible do mundo que que haxa imprevistos

METEORITO E OS IMPREVISTOS: Meteorito trata de entender que o máis previsible do mundo que que haxa imprevistos

ISBN 9798860878075

Desde 13,42 €

Por Albela Lamela, Miguel

  • 2023
  • 68 págs.
  • Gallego
  • Tapa blanda
¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

  1. Amazon Mejor opción
    13,42 € Envío 0,99 €
    Total 14,41 € 2 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

METEORITO E OS IMPREVISTOS: Unha historia familiar que amosa un posible modelo para potenciar as respostas flexibles fronte ao inesperado. ***O paseo de Meteorito coa súa familia***, UN NENO DENTRO DO ESPECTRO AUTISTA QUE ENFRONTA UN DOS SEUS MAIORES RETOS: ⇛ OS IMPREVISTOS COTIÁNS. ⇛ Conseguirá reaccionar con flexibilidade? Esta historia está baseada en experiencias cotiás reais e tenta reproducir un posible día na vida de Meteorito, un neno dentro do espectro autista. Para unha persoa á que lle gusta que as cousas saian como prevé, que se cumpran as pequenas ilusións cotiás, que os acontecementos se reproduzan da mesma forma que ocorreran anteriormente ou como tiña previsto, saír a dar un paseo é sinónimo de "reto". Por que? Pois porque o mundo é complexo, cambiable, e isto provoca imprevistos. Como ben saben as familias que acompañan a persoas con esta tendencia inflexible, anticiparse e ser previsíbeis é unha das estratexias que mellor poden aliviar os efectos estresantes e frustrantes do inesperado. Pero, é posible prever todo? Anticiparse a todo? O caderno que le Meteorito co seu pai antes de saír de casa busca proporcionarlle unha estratexia conceptual de reflexión e comportamento. Unha posible guía que lle permita desenvolver un protocolo de pensamento para tratar coa incerteza e os imprevistos. (BIOGRAFÍA): Miguel Albela é o pai de Meteorito, o protagonista. Desde o primeiro momento do diagnóstico de autismo do seu fillo, comprendeu como fundamental formarse para dar un plus no proceso educativo e de apoio. Algúns destes apoios foron historias sociais ou revisións reflexivas acompañadas de pictogramas "caseiros" que analizan as posibles condutas e as súas consecuencias, e tentan aportar estratexias inspiradas en contribucións profesionais e a experiencia familiar propia. Un deles é "Meteorito e os imprevistos" e o caderno que o complementa "Como ser máis flexible nun mundo cheo de inesperados". Ademais, Miguel Albela formouse como orientador e preparador laboral de persoas con discapacidade. E actualmente continúa a súa formación especializándose no apoio á inserción laboral de persoas dentro do espectro autista.
Mejor precio 14,41 € en Amazon
Ver libro →