Portada de A máquina ousada. Pondal e a literatura

A máquina ousada. Pondal e a literatura

ISBN 9788484874874

Desde 17,05 €

Por Manuel Castelao Mexuto

¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

  1. Imosver Mejor opción
    17,05 € Envío 2,98 €
    Total 20,03 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Eduardo Pondal foi o máis parecido a un escritor profesional que houbo entre nós, por non estar obrigado a gañar a vida e ter o tempo todo para o labor literario en que esgotou a súa vida, realizado cun rigor impar e, no entanto, moitas veces mal entendido, até se difundir a tristísima imaxe dun autor machista, racista, louco ou... nefelibata, hoxe común cando se fala do de Ponteceso. Este libro quere contribuír á superación de tales prexuízos cunha lectura atenta dos Queixumes dos pinos e esclarece como tal obra mestra trae ao primeiro plano a constitución da literatura nacional e torna visíbeis os múltiplos problemas que os escritores do Rexurdimento enfrontan na construción dos textos para conseguiren comunicar eficazmente co seu público, vencendo as limitacións dun contexto cultural españolizado. Os Queixumes adquiren sentido cabal se os interpretarmos como unha resposta á punxente situación da Galiza nos mediados do Século XIX e, entón, aparécennos caracterizados pola tensión estabelecida entre o alento emancipatorio que bole nos poemas e a lúcida consciencia da submisión colectiva que abafa o diálogo creador da comunidade.
Mejor precio 20,03 € en Imosver
Ver libro →