Comparativa de precios
Ahorro máximo 1,50 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Imosver
Mejor opción
28,50 € Envío gratisTotal 28,50 € Mejor opción 5 días -
Amazon
30,00 € Envío gratisTotal 30,00 € +1,50 € 2 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
A fascinación desatada pola figura de Manoel Antonio converteuno en autor moito máis admirado do que lido. Non sorprende: cos textos de vangarda, as características da súa linguaxe fan necesario un traballo de explicación e análise para o lector poder realizar con eles un triplo proceso: ler, sentir e pensar. Non outra cousa significa a lectura, cabalmente entendida. A orixinalidade deste volume consiste en facer accesíbel, intelixíbel e apaixonante un texto que arrastra unha infeliz reputación de difícil, até tornar evidente por que De catro a catro constitúe unha das obras maiores da vangarda peninsular no S. XX. A tal fin, son percorridos os dezanove poemas do libro e esa obstinada circunnavegación é complementada con achegas de carácter máis ensaístico para arredondar a interpretación e permitir un xogo de ida e volta entre a análise dos textos e a reflexión sobre o literario galego, o lugar nel de Manoel Antonio, ou a sutil forma en que vampiriza a estética das vangardas históricas. Por tanto, este libro querería ser útil para os amantes da literatura, os profesionais do ensino, os investigadores e, en xeral, todos os que queiran viaxar até o ámago da experiencia literaria en que o rianxeiro esgotou a súa vida para nos deixar un legado de inconmensurábel abertura.