Comparativa de precios
Ahorro máximo 1,99 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
El Corte Inglés
Mejor opción
17,10 € 18,00 € Envío 1,00 €Total 18,10 € Mejor opción 4 días -
Fnac
17,10 € 18,00 € Envío 2,99 €Total 20,09 € +1,99 € 3 días -
Abacus
17,10 € Envío 2,99 €Total 20,09 € +1,99 € 4 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Un clásico revolucionario, necesario nesta realidade de saturación visual que reivindica que ollar con atención é o acto político máis urxente do noso tempo.Vivimos inundados polas imaxes, pero quen nos ensinou a miralas? Cada día consumimos miles de estímulos visuais: desde a publicidade que asolaga as nosas pantallas ata as obras mestras da arte que enchen os museos. Mais, que nos din en realidade? Neste ensaio breve e abraiante, John Berger desposúe a historia da arte da súa linguaxe elitista e desmonta os mecanismos ocultos da nosa cultura visual. Coa clara intención de devolver a capacidade de mirar ás persoas, percorre cinco séculos de pintura europea para preguntarse e preguntarnos: quen mira?, quen é mirado?, quen posúe as imaxes e como actúan estas co noso desexo? Da Venus de Urbino de Tiziano ás imaxes publicitarias, do museo ao escaparate, os sete capítulos de Maneiras de ollar revelan que aprender a mirar doutro xeito é o primeiro paso para vivir doutra forma. A obra chega a conectar o Renacemento co consumismo moderno para demostrarnos unha verdade incómoda: ningunha imaxe é inocente, todas agochan unha relación de poder. Publicado orixinalmente en 1972 a partir da soada serie británica da BBC, este ensaio, agora editado por primeira vez en galego no ano no que se celebra o centenario do nacemento do seu autor, transformou para sempre a forma en que pensamos a arte e a mirada. Medio século despois, nunha época saturada de estímulos visuais, as súas preguntas resultan máis necesarias ca nunca.