Comparativa de precios
-
El Corte Inglés
Mejor opción
32,30 € 34,00 € Envío 1,00 €Total 33,30 € 4 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Este libro-disco é o resultado de máis de setenta colaboracións doutras tantas persoas pertencentes ao mundo da música, da literatura, do periodismo, da ilustración.., colaboracións que enchen de orgullo e agradecen inmensamente todas e todos os compoñentes de Luar Na Lubre, con Bieito Romero á batuta. Valoran dun xeito moi especial tanto esforzo e paciencia achegados durante este proceso de creación e, ao mesmo tempo, desexan que resultase gratificante esta esperanzadora &encrucillada& de proxecto compartido. *** 'Luar Na Lubre XX & Encrucillada' é o vixésimo traballo discográfico de Luar Na Lubre, por unha banda, agasallo para o seu público na forma de libro (divulgativo do seu percorrido de case corenta anos na historia da música folk na Galiza) & CD (integrado por dezaséis temas) e, por outra, un emocionante e agradecido encontro con amigas e amigos nese cruzamento de múltiples camiños no que Galiza e Luar Na Lubre se unen a distintas e complementares expresións culturais.