Comparativa de precios
-
Amazon
Mejor opción
10,00 € Envío 0,99 €Total 10,99 € 2 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
A lenda da moura da Pena Molexa Unha historia de maxia, valores e tradición galega para os máis pequenos. Nas noites máxicas de San Xoán, na misteriosa Pena Molexa, na parroquia do Val, no concello de Narón (A Coruña), unha fermosa moura agarda… Ten diante un tesouro que brilla coma o sol. Pero ela non quere ouro: quere ser libre do seu feitizo. Quen a atope… que escollerá? O ouro ou a maxia dun corazón? Este conto encantador está pensado para nenos e nenas a partir de 2 anos, e é perfecto para: Iniciar primeiros lectores na lingua galega. Transmitir valores coma a amizade, a esperanza e a xenerosidade. Descubrir o folclore galego dun xeito visual e emocionante. Que atoparás: Un conto breve, coidado e cheo de emoción. Explicación sinxela do que é unha moura. Diccionario da moura con Palabras Máxicas: amizade, respecto, esperanza, xenerosidade, mirada con corazón. 4 páxinas para colorear. Guía para visitar a Pena Molexa e coidar este lugar máxico e saber como chegar (código QR). Código QR para escoitar a lenda en formato audio. Un conto para aprender as nosas lendas e manter viva a maxia do folclore galego.