Comparativa de precios
Ahorro máximo 1,99 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Amazon
Mejor opción
17,10 € Envío 0,99 €Total 18,09 € Mejor opción 2 días -
Imosver
17,10 € Envío 2,98 €Total 20,08 € +1,99 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
O Marqués de Sade de Sade é unha das maiores influencias intelectuais e literarias no pensamento contemporáneo europeo. Filósofo, autor teatral, ensaísta, novelista e orixinal pensador foi, por riba de calquera outra consideración, un artista comprometido coa súa obra e o seu pensamento. Famoso na súa época polos seus escándalos sexuais, que tiñan máis de mito que de realidade, tivo que exiliarse a Italia, o que non lle valiu para escapar da cárcere, tanto na monarquía do rei Lois XVI, como nos posteriores da Revolución Francesa. De JUSTINE dixo Napoleón que era \"o libro máis abominábel xamáis enxendrado pola imaxinación máis depravada\". Aínda que noutras obras aparecen escenas máis fortes, a degradación moral adquire aquí tintes máis refinados no medio da brutalidade. Os excesos do poder, as relacións de dependencia entre a bondade e o pecado, quedan perfectamente plasmados nesta obra. O absurdo dunha vida sen pracer, sen luxuria e sen desenfreo son a única moralexa que se pode sacar deste clásico da Literatura Universal. \"(...) aqueles escritores perversos cuxa corrupción é tan perigosa, tan acctiva, que só teñen por obxectivo, ao imprimir os seus espantosos sistemas, estender máis alá da súa vida a suma dos seus crimes. Xa non poden cometer máis, pero os seus malditos escritos farán cometelos, e esta doce idea que se levan á tumba consólalles da obriga que lles pon a morte de renunciaren ao mal\".