Comparativa de precios
-
El Corte Inglés
Mejor opción
19,90 € 20,95 € Envío 1,00 €Total 20,90 € 4 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
O Iraq da posguerra é unha mestura de horror, tensión, medo, sufrimento, sorpresa e morte que impregna a vida dos seus habitantes. Tras a invasión, o soño dun país mellor quedou convertido en pesadelo. Este libro non é unha análise xeopolítica da situación do Iraq ocupado. Este volume recolle as reportaxes fotográficas realizadas nas viaxes de Javier Teniente, un correspondente galego que fixou a súa mirada sobre as verdadeiras vítimas desta situación estremecedora. Esta é a crónica de urxencia dun fotógrafo valente que retrata o que pasa en Iraq a diario, dende a miseria dos hospitais de Bagdag, onde se realizan operacións a vida ou morte en inmundas salas de quirófano, os caídos anónimos dos centos de tiroteos, ata a vida dos nenos e mozos que inventan cada día as súas vidas nas rúas da capital. O medio centenar de fotografías v precedido por un limiar de David Beriain, correspondente de 'La Voz de Galicia' no conflito iraquí. Un documento, pois, da esperanza de que as cousas cambien.