Comparativa de precios
Ahorro máximo 1,59 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Amazon
Mejor opción
8,00 € Envío 0,99 €Total 8,99 € Mejor opción 2 días -
Imosver
7,60 € Envío 2,98 €Total 10,58 € +1,59 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Este libro desenvolve os contidos que integran o módulo de Inserción Laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero que se inclúe dentro da área profesional de Orientación laboral e que pola súa vez se integra na familia profesional denominada Formación complementaria.Os autores presentan de maneira sinxela e moi didáctica as claves para facer accesibles a todos os interesados os tres bloques de materias que se abordan. Ofrécense as estratexias necesarias para alcanzar a ansiada inserción laboral, unha sensibilización real e comprometida co ambiente e para facer realidade na nosa sociedade a igualdade de xénero. Para logralo utilízanse recursos adicionais: autoavaliación, exercicios e proposta de actividades prácticas.Esta obra pretende axudar aos formadores da acción formativa á que este módulo vai vinculada. E faino coa extensión e intensidade adecuada para que encaixe co número de horas asociado á formación. Aspectos como as técnicas e recursos facilitadores da inserción laboral, a responsabilidade ambiental vinculada ao exercicio da actividade profesional e a sensibilización na necesidade de acadar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres son os obxectivos deste libro. Este libro é o instrumento idóneo para logralo.