Comparativa de precios
-
Amazon
Mejor opción
5,00 € Envío 0,99 €Total 5,99 € 2 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
No val do Mao, seis curmáns, fillos da primeira xeración da diáspora, xúntanse por vez primeira dende que eran adolescentes. En xogo está a herdanza de Anselmo, o seu tío, a quen moitos non ven dende aquel verán en que todo saltou polos aires. Anselmo era solteiro e non tiña fillos, así que todo apunta que eles serán os seus herdeiros. Queda por saber se o serán todos ou só algúns. Ou quizais ningún. Ata que descubran a resolución final, haberá expectativas, rancores, xenreiras, ambicións, rivalidades, segredos e tamén a lembranza do que un día foron… e xa non volverán ser. Mais, sobre todo, haberá sorpresas que farán que a todos se lles cambalee o chan que pisan. O chan milenario do val do Mao. Seis curmáns. Seis versións da mesma historia. Seis xeitos de recordar… ou de esquecer. Unha herdanza en xogo. E unha carta con todo o que Anselmo nunca chegou a dicirlles. A herdanza secreta do val é unha novela curta que fala de ambición, de soidade non desexada e do abandono do rural galego, mais tamén do sentimento de pertenza e da morte, que, como a vida, é unha arma que dispara balas de futuro.