Comparativa de precios
-
Imosver
Mejor opción
14,21 € Envío 2,98 €Total 17,19 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
GHYJWK Greguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación... Cousas... Con permiso de Castelao. É do que se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén a Galego, a materia coa que está feita a obra. A expresión concreta do idioma representada por unha letra que se converte en homenaxe ao dicionario, ese libro escrito sen Grandes palabras, sen maiúsculas, pero que dá entrada a todas as voces, ao H mudo e aos sons excluídos pero non inexistentes na lingua: Y, J, K, W. Un "G" con ou sen G"H"eada e o seu séquito alfabético que aquí se ordena a modo de particular abecedario para enumerar as seis partes do libro: "G" de Greguería, de Galego e de Ghaliza. "H" de Haiku e de Horizonte. "Y" de Yin-Yang e Ye-Yé ou viceversa. "J" de Jaiku Jam sessión Jazzzzzzzz. "K" de Kú de Hai-Kú, de Kamikace e de Kamiño. "W" de VVisual ou Wisky, unha invitación a ver dobre.