Comparativa de precios
-
Imosver
Mejor opción
14,21 € Envío 2,98 €Total 17,19 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Subtítulo: Unha visión do pasado español dende o exilio republicano en México A autora, especializada en estudos sobre memoria e identidade en contextos de desprazamento forzado e exilio político, achéganos, ademais de reflexións teóricas sobre os seus dous principais obxectos de estudo, unha aproximación ao exilio republicano en México e a súa institucionalización, así como ás condicións nas que se produciu a denominada \"transición española\", ollada dende a distancia dun exilio permanente no país de acollida. Guiomar Acevedo López, neta de exiliados republicanos, de Xoán López Durá, importante dirixente galeguista, e máis da socialista Caridad Martín Fernández, apórtanos a visión, no só académica, senón tamén humana, da terceira xeración, a dos netos e netas do exilio, e en especial daquel que nunca regresou, ou, en palabras do filósofo Adolfo Sánchez Vázquez, do aterrado, sen raiceiras nin asentamento, esgazado da súa terra, dos seus, aferrollado ao presente, entre un pasado que non se vai e un futuro que non vén, ata virar nun transterrado, o que atopou despois do perdido, isto é, do desterro.