Portada de Empatías

Empatías

ISBN 9788484877424

Desde 14,21 €

Por Dacosta, Fernando

¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

  1. Imosver Mejor opción
    14,21 € Envío 2,98 €
    Total 17,19 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Que ocorre cando pómos no lugar do outro deixa de ser virtude? En Empatías Fernando Dacosta interroga un dos conceptos máis complexos da experiencia humana. Doce pezas narrativas e poéticas articúlanse como un mosaico inquietante. A empatía non aparece aquí como territorio seguro, senón como unha zona ambigua onde a comprensión pode ser transformadora, perigosa ou imposible. Un mozo de dereitas, obsesionado coa perfección do seu peiteado, esperta transformado no que máis despreza. Na Duna de Pilat, un camioneiro xenófobo experimenta de primeira man o calvario daqueles aos que rexeita. Un profesor socialmente incómodo proxecta as humillacións que sofre cada fin de semana sobre os seus alumnos. Cada historia explora unha faceta diferente: desde a ausencia de empatía máis brutal ata as súas consecuencias máis inesperadas, desde o medo a comprender ata a imposibilidade de facelo. A estrutura do libro intercala estas historias con aforismos numerados que funcionan como pausas reflexivas, enmarcando o conxunto dentro dun ciclo vital completo que vai desde o nacemento ata a morte. Dacosta combina un realismo cru con elementos surrealistas para abordar as fracturas do noso tempo: a polarización política, a inmigración, a violencia de xénero, a homofobia. O resultado é unha obra que nos coloca ante o espello máis incómodo, un que reflicte non o que somos, senón o que poderiamos converternos se nos pomos realmente no lugar doutra persoa.
Mejor precio 17,19 € en Imosver
Ver libro →