Portada de Do reino dos amores proscritos

Do reino dos amores proscritos

ISBN 9788484877660

Desde 14,21 €

Por Afonso Becerra de Becerrea

¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

  1. Imosver Mejor opción
    14,21 € Envío 2,98 €
    Total 17,19 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida é unha dramaturxia que evoca e invoca as orixes da cultura galega e de Galiza. Desde os primeiros asentamentos humanos no noroeste da Península Ibérica, pasando pola lenda dos celtas, pola romanización e recuncando no Reino de Galiza. Unha proposta lúdica, na que o texto xoga con varios rexistros: documental, conto, poema, cantiga, diálogo teatral, para (re)crear historias e convocar presenzas de artistas, os trobadores e as soldadeiras, de mulleres pioneiras, as primeiras raíñas, e de amores que aínda hoxe nos poden sorprender. Compoñen este tapiz mutante as evocacións dos trobadores Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas, da soldadeira María Balteira, das raíñas Sancha e Urraca, dos amores entre Pedro e Munio e entre María Leve e Sancha Pérez, alén doutras figuras citadas. Este libro contén unha dramaturxia que é como un xoguete que nos convida a unha viaxe no tempo, utilizando como vehículo o teatro. Unha viaxe que se pode desfrutar de dúas maneiras: xogándoa nos escenarios dos teatros que a alumaron, ou xogándoa nos escenarios da nosa mente, estimulada pola lectura deste libro. Trátase, por tanto, dunha viaxe na que a documentación fixo xermolar a imaxinación e a fantasía para recuperar ou recrear os primordios da historia dun pobo singular, da súa lingua e cultura. Todo isto desde unha perspectiva e unha sensibilidade inéditas até agora.
Mejor precio 17,19 € en Imosver
Ver libro →