Portada de Un demócrata fronte á barbarie fascista

Un demócrata fronte á barbarie fascista

ISBN 9788484877684

Desde 14,21 €

Por Francisco Javier Redondo Abal

¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

  1. Imosver Mejor opción
    14,21 € Envío 2,98 €
    Total 17,19 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Un demócrata fronte á barbarie fascista. Vida e martirio de Enrique Peinador Porrúa, republicano galeguista (1902-1940) Enrique Peinador Porrúa morreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista, militante de Izquierda Republicana e masón, o seu compromiso coas liberdades democráticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fóra de toda dúbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracións da segunda. A guerra, con toda a súa crueza, esmagou vidas e proxectos e o réxime lexítimo da Segunda República só tiña unha resposta: resistir. Peinador foi un home lonxe de apaixonamentos revolucionarios, non era un marxista. Cría nas leis, na tolerancia e no respecto. Tamén na igualdade e na solidariedade. Por iso, custa entender que un tribunal militar ditase a última pena contra el e outras 43 persoas nun célebre e irregular consello de guerra celebrado no Madrid da posguerra. A xustiza de Franco aplicada dende unha óptica vingativa, sen garantías xurídicas e cunha mensaxe carente de humanidade. A presenza como xuíz de Peinador no Comité Provincial de Investigación Pública así como o seu paso en calidade de fiscal acusador contra elementos da Quinta Columna madrileña, pesaron máis que os informes favorábeis de moitos dereitistas salvados dunha morte segura por Enrique. Inocente en todos os sentidos, o seu fusilamento respondeu a súa condición de vencido e, en especial, ao carácter de exemplaridade do tribunal fascista que, de maneira alucinante, xulgou acusando de rebelión militar a aqueles que permaneceran fieis ao réxime constitucional e lexítimo.
Mejor precio 17,19 € en Imosver
Ver libro →