Comparativa de precios
-
Imosver
Mejor opción
19,00 € Envío gratisTotal 19,00 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
A obra, coeditada por Sotelo Blanco Edicións e o Servizo Galego de Igualdade, forma parte da colección "As Letras das Mulleres" e o seu obxectivo é o de divulgar obras fundamentais de autoría feminina, tanto de ficción como ensaísticas, e fomentar o recoñecemento do labor intelectual co que as mulleres teñen contribuído á cultura universal ao longo da Historia. Esta obra conta con un prólogo de Jorge Figueroa Dorrego e tradución de Mª.Fe González. Eliza Haywood. Foi unha escritora moi prolífica e popular na Gran Bretaña do século XVIII. Actriz, dramaturga, novelista, tradutora e editora de xornais, podemos afirmar que é difícil atopar algunha muller da época con máis actividade no mundo das letras. A dama solitaria e Fantomina son dous bos exemplos da narrativa que Haywood escribiu durante a década de 1720. A primeira é unha historia de sedución e abandono que reivindica o desexo feminino e apela á solidaridade entre mulleres. Fantomina é unha fantasía de liberdade feminina que xoga co carácter performativo das relacións interpersoais, presenta unha alternativa á literatura de sedución e abandono, e explora as complexidades do amor.