Comparativa de precios
-
Imosver
Más barato
21,69 € Envío gratisTotal 21,69 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Estas son historias de emigrantes. Crónicas de emigrantes. Como de tantas outras persoas que acordaron abandonar o territorio de orixe e instalarse, por máis ou menos tempo, nos lugares de acollida. Foron traballadores, apenas cualificados, que exerceron a súa ocupación laboral en condicións de grande dureza, en ámbitos pragados de explotación e discriminación, illados de moitos dos seus coetáneos emigrantes, porque o seu mundo era moito máis fluído, máis volátil, máis líquido. Eran traballadores marítimos. E, máis do que nos puidera parecer, algúns deles tamén exerceron como sindicalistas, como verdadeiros líderes sociais desa clase de traballadores desposuídos e abandonados. E, por suposto, a súa memoria permaneceu oculta. Como a de tantos outros traballadores e traballadoras. Tan oculta como era existencia dos fogueiros, sempre entalados por baixo da cuberta, como homes-máquina que acompasaban o seu ritmo vital coa cadencia das caldeiras, dos motores e das ord