Portada de A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. O Hospital Álvaro Cunqueiro

A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. O Hospital Álvaro Cunqueiro

ISBN 9788484873167

Desde 15,96 € Compara las 2 tiendas ↓

Por Pablo Vaamonde ( Coord.)

¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

Ahorro máximo 0,28 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata

  1. Amazon Mejor opción
    15,96 € Envío 0,99 €
    Total 16,95 € Mejor opción 2 días
  2. Imosver
    14,25 € Envío 2,98 €
    Total 17,23 € +0,28 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. O Hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa. Vaamonde García, Pablo (Coord.) Este libro analiza con detalle a situación a que se chegou co desastre do novo hospital de Vigo e sitúa este relato no contexto galego, estatal e internacional. Os seus autores son persoas con gran compromiso social e recoñecidos coñecementos e experiencia sobre o tema. Tamén aportan e propoñen alternativas para dar saída á problemática creada con este proxecto cheo de irregularidades. É un libro excelente que nos incita a todos a seguir loitando e traballando polo dereito á saúde e para que os intereses da poboación prevalezan sobre os das multinacionais, dos es¬peculadores e das tramas que queren facer negocio e lucrarse de forma indecente a expensas dos orzamentos públicos, mesmo poñendo en risco a continuidade do actual sistema sanitario. Marciano Sánchez-Bayle Os recortes e as medidas destinadas ao desmantelamento e privatización da Sanidade pública foron a norma nos catro anos de mandato do PP. Só se moderaron, en parte, polo amplo rexeitamento social e profesional que se produciu case desde o primeiro momento. Durante estes anos producíronse as maiores mobilizacións coñecidas en defensa da Sanidade pública estendidas por toda a xeografía do país. Manuel Martín García Non todo está perdido: as plataformas de defensa da sanidade pública te¬ñen conseguido grandes éxitos. Mais o único que pode salvar os dereitos conseguidos e restaurar o Estado de benestar é un goberno de progreso que defenda a sanidade e os servizos públicos e que procure desligarnos de calquera tratado internacional antidemocrático (TTIP/TISA ou similar). María Luísa Lores Aguín Os cidadáns non poderán esquecer que, por decisións políticas e por afán de lucro, os dirixentes do PP están a poñer en risco a saúde colec¬tiva, ademais de deixar unha severa hipoteca para o futuro da sanidade pública galega. Este hospital, que Núñez Feijoo presentou como o gran proxecto do seu mandato presidencial, deixa ver ás claras o que é na realidade: unha gran estafa. Pablo Vaamonde García
Mejor precio 16,95 € en Amazon
Ver libro →