Comparativa de precios
-
El Corte Inglés
Mejor opción
16,15 € 17,00 € Envío 1,00 €Total 17,15 € 4 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Nieves Feros, avoa, nai.. cociñeira de profesión até a súa recente xubilación, deleitou coa súa sabedoría e bo facer na cociña á clientela do Restaurante La Bombilla, divulgadora dos seus coñecementos con dous libros anteriores a este -esgotados- e nos cursos organizados pola asociación estradense de Amas de Casa, onde demostrou que para facer bos pratos só -é non é pouco- se necesita moito cariño e bos produtos naturais, dos que felizmente o noso país é potencia mundial. Coas súas máis de 300 receitas, na que destacamos, pola súa importancia na Estrada, as realizadas con base no salmón, presentado por ela como o auténtico 'rei da comarca', Nieves proponnos, cunha linguaxe próxima e accesible mesmo para as persoas que non estean moi habituados a ler en galego, perder o medo aos fogóns e practicar no día ao día o exercicio, sempre gratificante, de elaborar os nosos propios pratos. Cociña caseira galega é, sen dúbida e ante todo, un antídoto á cociña rápida, á globalización gastronómica, á vez que unha homenaxe sincera a todas as mulleres que deron de comer a galegas e galegos de todas as épocas.