Portada de Cartas de Galiza

Cartas de Galiza

ISBN 9788484876168

Desde 12,30 €

Por Prosper-Henri Devos

¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

  1. Imosver Mejor opción
    12,30 € Envío 2,98 €
    Total 15,28 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Esta nova edición e tradución das Cartas de Galiza actualiza e anota as oito crónicas que Prosper-Henri Devos publicou no xornal L'Etoile Belge entre setembro e outubro de 1912, un documento histórico e literario de valor incalculábel. Case perdidas para o lectores e investigadores galegos e portugueses, hoxe é preciso recuperalas como memoria individual dun escritor novo, ávido de novas experiencias, que simpatizou coas xentes máis humildes, e como memoria colectiva da Galiza. En Cartas de Galiza, o escritor aventúrase nunha busca do eu interior, do espazo alleo e da Historia. Fuxida constante cara ao pasado, evasión permanente do escritor cara ao imaxinario fronte a unha realidade, a da súa propia vida, que o afoga e o mutila, as Cartas atrapan ao escritor belga noutro espazo-tempo á marxe da modernidade e da civilización europea. Cartas de Galiza é unha viaxe obrigada polas principais cidades galegas, pola súa arquitectura e as súas xentes. Na procura de si mesmo, Prosper-Henri Devos atopa unha realidade que o apreixa e o transcende e lígase de amizade cos cenáculos literarios ourensáns, facendo dos escritores galegos un exemplo de cosmopolitismo e de abertura cultural.
Mejor precio 15,28 € en Imosver
Ver libro →