Comparativa de precios
-
Imosver
Mejor opción
19,00 € Envío gratisTotal 19,00 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Após entregar á Axencia da ONU para as Refuxiadas Palestinas (UNRWA) a cantidade de 7151 Ç, correspondentes aos beneficios e dereitos de autoría das dúas primeiras edicións de Cantos de dor e Liberdade. Voces Galegas por Palestina, sae agora a terceira edición, revisada e ampliada. Este libro, que reúne 58 poemas e 17 ilustracións dos mais recoñecidos nomes da literatura e a ilustración galegas, quere ser máis unha expresión da inmensa solidariedade galega co pobo palestino. Do mesmo modo que millares de persoas saen ás rúas da Galiza en protesta polo xenocidio que o sionismo está a cometer en Gaza, poetas e artistas alzan aquí as súas voces e as súas mans para deixar constancia da dor e da rabia por tanto crime e tanta infamia, mais tamén da esperanza dun futuro de Paz e Liberdade en toda a terra da Palestina. Os dereitos de autoría e os beneficios desta terceira edición do libro, impulsado conxuntamente polas entidades solidarias Galiza por Palestina, Mar de Lumes, e Pallasos en Rebeldía, e materializado pola editora Tempo Galiza, irán integramente destinados á UNRWA para a axuda humanitaria á poboación de Gaza.