Comparativa de precios
Ahorro máximo 0,54 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Amazon
Mejor opción
20,49 € Envío gratisTotal 20,49 € Mejor opción 2 días -
Imosver
18,05 € Envío 2,98 €Total 21,03 € +0,54 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
ôBaobab é un paseo por África, nunha lectura das fronteiras que navegan as augas de ríos, lagos, mares e oasis, e o visionamento dunha historia contada en ladaíñas de silencios e berros. È un mapa debuxado con pasaportes que buscan visados cos que espertar de travesías deseñadas coas físgoas dos calzados que aínda non tiveron pé e, así a todo, xa confesan colleitas de insultos e adubos. A árbore que acubilla soles e chuvias cos que alimentar o futuro de moitos devanceiros non deixa de ser un ruxido e unha caricia ás meixelas que agochan sentimentos, quer dominantes quer dominados. E nese verxel arco iris que axexa os arrolos das tormentas que guían cara a outros paraísos, outras fames e outros dominios, tropezan palabras e fotografías. Por iso, as imaxes feitas palabras e viceversa evocan un continente que exacula cores, á vez que viste de loito calcañares e calcañares e calcañares esquecidos nas pegadas que deixan as ladaíñas da vidaö.